segunda-feira, 24 de outubro de 2011

I Encontro galego de Custodia do Territorio


A custodia do territorio é unha nova e crecente estratexia de conservación, nomeadamente do patrimonio natural, cultural e paisaxístico. A súa principal característica é a implicación da sociedade civil na xestión responsable do territorio ao ser esta desenvolvida por propietarios de terras e entidades de custodia (asociacións, concellos, etc.) mediante diferentes tipos de acordos. Nos últimos anos,  iniciáronse no noso país, diversas experiencias de conservación do medio empregando esta ferramenta.

ADEGA en colaboración coa AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio) e financiado pola Deputación da Coruña, organizan o primeiro Encontro Galego de Custodia do Territorio co obxectivo de analizar a situación en Galiza, as súas posibilidades de futuro e presentar á cidadanía esta estratexia de conservación.

Inscrición gratuita no 981 570 099 antes do 26 de outubro

PROGRAMA

Sábado 29
10.00h Benvida e entrega de materiais
10.15h Inauguración
-Deputación da Coruña.
-Presidenta de ADEGA. Virxinia Rodríguez
10.30h Mesa 1. A Custodia do Territorio na Península Ibérica Moderadora: Virxinia Rodríguez
-Fundación Biodiversidad. A situación no estado. Amaya Sánchez
-GOB. A custodia dende unha ONG. Nuria Llabres
-Quercus. A custodia en Portugal. Nuno Sequeira
12.30h Pausa café. Ecolóxico e de comercio xusto
13.00h Mesa 2. A custodia do Territorio na Galiza Moderador: Fernando Bandín
-Ridimoas. David Rodriguez
-Custodia do Territorio A Ulloa-Deza. Manuel Ferro
-ADEGA. Virxinia Rodríguez
-AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio). Martiño Cabana
14.00h Xantar
16.30h Mesa 3. Custodia fluvial e marítima Moderador: Óscar Rivas
-Proxecto Ríos. Ramsés Pérez
-Val de Esmelle.
-CEMMA. Alfredo López
-Fontaíña. Diego Rodríguez Vieites
18.00h Descanso
18.20h Mesa 4. A custodia en terras agrarias Moderador: Alfredo López
-Fundación Fragas do Mandeo. Fernando Bandín
-Numenius. Óscar Rivas
-Drosera. Roberto Hermida
-Monte Cabalar. Xan Vilaboa
-ANABAM. Noé Ferreira
19.30h Presentación de conclusións
20.00h Clausura do Encontro

Domingo 30
Visita a dúas experiencias de custodia da provincia da Coruña
10.00h Saída de Compostela
11.00h-13.30h Visita a Reserva mariña Mar de Lira. Milucho Louro
14.00h Xantar de campo
16.00h-18.00h Visita a Cooperativa Raíña Lupa. Xose Manuel Casais

Nenhum comentário:

Postar um comentário